Pontevedra converterase na capital galega da moda coa celebración do desfile “Debut”

PONTEVEDRA> Pontevedra volverá a converterse, un ano máis, na capital galega da moda. E todo grazas a celebración da 13ª edición do desfile Debut. Un acto no que 20 alumnos da Esdemga exhibirán os seus traballos e polo que pasarán figuras recoñecidas como Anastasia Pistofidou, Félix Pérez ou Elinor Renfrew.

Crear unha ponte entre o mundo académica e o laboral. Ese é o obxectivo principal deste desfile. Debut volve este ano a Pontevedra coa súa 13ª edición para dar a coñecer o traballo de vinte deseñadores.

Debut 2019 arrancará o vindeiro luns 18. Durante toda a semana haberá workshops, charlas e talleres. Todos eles a cargo de figuras destacadas do sector da moda.

Co obxectivo de seguir crecendo, este ano Debut concederá un premio ao deseñador que presente a colección máis comercial.

Unha nova oportunidade que se suma ao tradicional galardón Jesús Peiró que será entregado as dúas mellores coleccións do desfile.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí