PONTEVEDRA> ENCE terá que abandonar Lourizán. Este mediodía fíxose público o fallo da Audiencia Nacional que anula a prórroga concedida á pasteira polo goberno en funcións de Mariano Rajoy no 2016. Esta ampliación permitía que a factoría continuara na ría de Pontevedra ata o 2073.
Tras dúas reunións, a sala decidiu estimar os recursos presentados polo concello de Pontevedra e Greenpeace contra a prórroga. Segundo se recolle na sentenza, a Audiencia Nacional non ve xustificacións suficientes que impidan a ENCE instalarse noutra ubicación.
Comments are closed.