O concello de Boiro porá fin ás filtracións na cuberta da piscina

BOIRO> O concello de Boiro acometerá unha ambiciosa actuación na piscina municipal para acabar cos problemas de filtracións. A Deputación da Coruña financiará o oitenta por cento do proxecto, valorado nuns noventa mil euros. O proxecto de mellora da piscina inclúe a eliminación dos lucernarios da cuberta, en gran parte responsables dos problemas de filtracións que arrastra a instalación a pesar das intervencións realizadas na estrutura. Tamén se substituirán os materiais do falso teito para facelo máis resistente ós cambios de temperatura e humidade. A obra, valorada en preto de noventa mil euros, será posible grazas a unha liña de subvencións da Deputación da Coruña que asumirá o oitenta por cento do total. A actuación afectará a unha superficie de máis de setecentos metros cadrados e suporá unha importante mellora nos servizos ós usuarios.  Actuarase tamén nas instalacións eléctricas e luminarias para conseguir unha maior eficiencia enerxética das instalacións. Sen embargo, dende o executivo lembran que queda aínda moitas obras pendentes nesta infraestrutura que a pesar da súa singularidade estética conta con numerosos problemas funcionais dende a súa construción.to