BOIRO> Esta mañá presentábase oficialmente a Festa de Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz. Recupérase así unha das citas gastronómicas máis representativas, non só na localidade senón en toda a comarca, e que levaba oito anos sen celebrase.
Desenvolverase do 16 ó 18 de agosto, grazas á implicación das seis agrupacións de mexilloeiros máis importantes en canto a número de socios do municipio como é o caso de ASMECruz, A Marxa, AMEbarraña, Virxe do Carme, OPMEGAL e A Boirense.
Para eses tres días a entidade organizadora ten preparado un variado programa de actividades que arrancarán cunha ruta de tapas polos locais de hostalería.
O domingo será o día forte do evento, coa propia degustación que se levará a cabo na explanada portuaria. a carón da lonxa, nunha carpa isstalada para a ocasión.
Dende o Concello ven nesta cita unha promoción dun dos produtos e dun dos sectores económicos máis importantes do municipio.
Para o seu desenvolvemento a festa de exaltación conta tamén coa colaboración da consellería do Mar.