A venda de coches repunta no Salnés co novo Plan Pive

    VILAGARCIA> A venda de coches ven repuntando na Arousa desde a semana pasada por mor da entrada en vigor dun novo Plan Pive do Goberno. Achegámonos a un concesionario en Vilagarcía para comprobar en que medida se dinamizaron as vendas con esta nova medida que nalgúns casos, como pasou en Pontevedra Cidade, supuxo un incremento do cincuenta por cento. A finais do mes pasado entrou en vigor un novo Plan Pive do Goberno Central, o que repercutiu directamente nas vendas de automóbiles, especialmente neste tramo final do ano, que xa de por si é unha época proclive para que concesionario e clientes acheguen máis as súas posturas respecto ós prezos de venda. Esta facilidade para a compra volveu a dar un pulo ó mercado que está a experimentar un repunte nas vendas desde fai uns días. No tipo de cliente, a tendencia mantense: os compradores adoitan ser particulares que van na procura dun coche familiar que lles sirva para o seu uso cotiá. Prefiren que sexa a gasoil, aínda que ultimamente rexorden as peticións de coches a gasolina. De momento no Salnés, case ninguén pide coches híbridos nin eléctricos. Á hora de escoller o equipamento, os clientes prefiren que o turismo traia os máis extras posibles de serie polo mesmo prezo. En cores non hai nada escrito aínda que ben é certo que agora se tornou ás clásicas, sobre todo ó branco. O que si é un problema é pagar o vehículo. Case todo o mundo ten que acudir ó financiamento e actualmente as empresas financeiras non están a facilitar a tarefa: calquera factura sen pagar, aínda que sexa unha de telefonía por importe dun só euro pode supoñer que non deneguen un crédito o que e nos impediría formalizar a compra ata resolver o antedito problema. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/coches.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/venda_coches_081113.mp4{/flowplayer}