As camelias máis internacionalizadas

PONTEVEDRA> Tras a celebración da quincuaxésimo quinta edición do Concurso Exposición das Camelias,  toca facer balance.  A deputada provincial, Eva Vilaverde mostrou esta mañá a súa satisfacción cos resultados obtidos nesta edición e destacou o gran interese que suscitou o evento a nivel internacional.

Éxito absoluto. Esa é a valoración que fai a Deputación de Pontevedra sobre a celebración da LV edición do Concurso Exposición da Camelia.

A deputada provincial destaca o interese que suscitaron todos os eventos organizados na Exposición da Camelia, sobre todo as charlas técnicas e a presentación do libro “Xardíns históricos da provincia de Pontevedra”.

O showcooking de Iñaki Bretal tamén foi un dos grandes acertos nesta edición.

As camelias das Rías Baixas levantan gran expectación entre os galegos, pero tamén son un referente no resto do mundo.

Unha edición que termina e que volve a superar todas as expectativas dos organizadores e produtores. Agora solo queda pensar no próximo ano, porque sen dúbida, na nosa terra aínda quedan camelias para rato.