PONTEVEDRA> Esta decisión de Rafa Domínguez xa tivo resposta dende o concello de Pontevedra. O anterior vicepresidente provincial e responsable do Museo, César Mosquera, acusou a Domínguez de ter como obxectivo principal desfacer o traballo xa feito. Cre que estas decisións demostran que o PP quere xestionar directamente a entidade.
No concello de Pontevedra non sorprendeu a decisión da Deputación provincial de paralizar a reforma de Santa Clara e anular o concurso internacional convocado para a súa rehabilitación.
Para César Mosquera, anterior vicepresidente e responsable do Museo, a intención do Partido Popular é xestionar directamente a entidade.
O nacionalista asegura que o anteproxecto gañador do concurso podería modificarse para adaptarse ao novo rumbo que a Deputación quere dar ao Museo. E advirte que esta decisión podería provocar problemas co estudo gañador da convocatoria.
Mosquera recordou que por obriga legal o Museo ten que acoller os restos arqueolóxicos de toda a provincia, por iso acondicionalo para este obxectivo debería ser unha prioridade.











