UXT denuncia o despido de catro traballadores do servizo de limpeza en Barro

PONTEVEDRA> Representantes de UXT compareceron en rolda de prensa para denunciar os últimos despidos feitos pola empresa Urbaser, contratada polo concello de Barro para o servizo de limpeza. En total foron catro empregados dos que din dende o sindicato, non facía falta desprenderse deles. Estes catro traballadores foron despedidos por Urbaser o 5 de novembro. Traballaban a media xornada no servizo de limpeza selectiva e reciclaxe no concello de Barro. O que fixo a empresa foi prescindir deles e realizar un reaxuste nas tarefas doutros empregados ós que agora se lles repartíu este traballo. Dende UXT avisan de que son moitas as empresas que ofrecen un oferta económica moi suculenta nos concursos públicos que as administración non poden rexeitar. Aumentan os seus beneficios a costa de despedimentos e carencias na calidade dos servizos. Os catro despedidos traballan tamén a media xornada no concello de O Grove. En UXT avisan de que se proximamente o concello adxudica o servizo de reciclaxe a Urbaser, os postos de traballo corren serio risco. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/18/uxt600_181113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/18/uxt_181113.mp4{/flowplayer}