O Sexto Edicio do Museo de Pontevedra inaugura a mostra Kremesse, de Antón Pulido

PONTEVEDRA> A mostra de arte moderno foi presentada ante os medios de comunicación pola deputada provincial Ana Isabel Vázquez. Antón Pulido, nacido no concello ourensán do Bóveda de Amoeiro hai case 70 anos, pasa por ser un dos maiores representantes da pintura contemporánea galega. As súas obras pódense ver nos museos máis importantes do mundo, en lugares tan lonxanos como China, Corea ou Taiwan. O título da mostra Kermesse é unha palabra de orixe flamencia que fai referencia as festas populares, á celebración. Esta serie de obras son inéditas, realizadas por Pulido nos últimos cinco anos. Imaxes invadidas por unha linguaxe abstracta, actual e contemporánea. A cor é a protagonista. Emocións de felicidade traducidas en composicións rítmicas. Dende hoxe e ata mediados do mes de xaneiro a mostra Kermesse, de Antón Pulido pódese visitar no Sexto edificio do Museo de Pontevedra. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/21/expo600_211113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/21/expo_211113.mp4{/flowplayer}