Así viven o confinamento en Madrid

PONTEVEDRA> A cifra de contaxiados en Galicia supera xa as 6.000 persoas.  En Madrid esta cifra multiplicase por 6. Hoxe quixémonos trasladarnos ata esta comunidade para comprobar como están vivindo esta corentena os galegos que residen na capital de España.

A Comunidade de Madrid é a máis afectada polo coronavirus. Con máis de 42.000 contaxiados e máis de 5.500 falecidos, esta rexión converteuse no epicentro nacional desta pandemia. Un lugar onde viven miles de galegos. No inicio desta crise sanitaria, moitos decidiron volver a súa terra. Sen embargo, outros como Irene decidiron quedarse na capital por responsabilidade.

O coronavirus chegou a Madrid con moita forza e expandiuse a un ritmo vertixinoso. Algo que, como noutras comunidades, tivo repercusión no ritmo de vida dos cidadáns e espertou o compromiso de todos eles.

Ninguén podía imaxinar antes deste confinamento o que íamos a valorar os paseos coas nosas mascotas ou as terrazas para tomar o aire libre. Porque, sen dúbida, con esta crise sanitaria están cambiando tamén as nosas prioridades.

E se algo están desexando todos os galegos que están fora da súa terra é…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí