A lea sindical na Residencia Valle Inclán enfronta ás traballadoras

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/21/resi.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/21/protesta_valle_inclan.mp4{/flowplayer} VILANOVA> As extraballadoras da Residencia da terceira idade Valle Inclán de Vilanova volveron a mobilizarse esta mañá para reclamar que se lles volva a admitir no seu posto de emprego e que se lles abone a débeda de 600.000 euros que se ten cas despedidas. Pola contra, o actual plantel e residentes entenden que os despedimentos foron, na súa maioría xustos e axeitados posto que algún deles mesmo se produciu por ter maltratado a internos. A lea que levan meses arrastrando as extraballadoras da Residencia Valle Inclán en Vilanova ca dirección da mesma afecta agora ós actuais traballadores. Por unha banda, as trinta e nove despedidas reclamaban esta mediodía os seus dereitos laborais; cun xantar de confraternidade co que celebraban o vixésimo segundo aniversario do Centro. Con el reivindican volver ó seu posto de emprego e que se lle abonen os catro mil euros que se lle adebedan por cabeza. A actual dirección asegura que o conflicto sindical corresponde á anterior dirección da empresa Viaxes Silgar, que non ten nada que ver con eles; un punto que negan as traballadoras despedidas. O actual director Enrique Martínez oponse totalmente a que ás ex-traballadoras volvan a formar parte do plantel. Dentro da propia residencia, hoxe foron as actuais traballadoras as que saíron en defensa do actual director. Aseguran que agora si hai un bo ambiente de traballo e se trata ós residentes correctamente, cousa que antes, non sempre pasaba. A esto hai que sumar que hai varias traballadoras antigas que denuncian que as súas compañeiras as presionan e as insultan cada vez que as ven. Aínda mais, hai residentes, cos que puidemos falar, que aseguran que agora se lles trata mellor posto que o trato cara eles por parte dalgunha das despedidas era deficitario. As extraballadoras negan os feitos: tanto o maltrato ós anciáns como o de ter ameazado ás súas noutrora compañeiras, e denuncian que era o director Enrique Martínez, o que se dirixía a elas con insultos e de malas maneiras. Ante esta situación está en risco as 110 prazas concertadas que esta Residencia ten ca Xunta de Galicia. En calquera caso, de non renovar o convenio, a residencia seguiría traballando como empresa privada.