VILAGARCÍA> A Deputación de Pontevedra cifra en máis de 87 millóns de euros o seu investimento en servizos e infraestruturas do Salnés e Caldas. Dende o goberno provincial salientan o apoio a Vilagarcía, o municipio máis beneficiado dos 16 destas dúas comarcas. Para a capital do Salnés destináronse no que vai de mandato 9 millóns de euros. O presidente provincial destaca tamén o investimento de 14 millóns de euros na rede viaria provincial nestas dúas comarcas.
Tres anos despois da chegada de Luís López á Deputación de Pontevedra e a pouco máis dun ano para que remate o mandato, o presidente fixo balance da pegada dos plans de cooperación nas comarcas de Caldas e O Salnés.
E mostra diso, asegurou, os máis de 87 millóns de euros repartidos nos 16 concellos das comarcas do Salnés e Caldas a través dos distintos plans de cooperación.
O presidente apuntou que o concello máis benefiado da zona é o de Vilagarcía, que ten recibido de mans da Deputación máis de 9 millóns de euros.
Na comarca salientan outros dous municipios: Sanxenxo con máis de 9 millóns de euros e outros 8,5 millóns para Vilanova. A destacar tamén Cambados, coa achega de 5 millóns ou outros cinco millóns para O Grove.
Na outra comarca, en Caldas, inxectáronse 5 millóns de euros que permitiron, por exemplo, executar o saneamento en distintos núcleos do concello; mentres que a Cuntis se lle transferiron 4,5 e outro tanto para Valga.
Pero a colaboración cos concellos, dixo, máis máis alá. No Salnés e Caldas investíronse 14 millóns de euros en estradas provinciais.
Un compromiso que, por outra banda, reclamou ao goberno central, coa gratuidade da AP-9, melloras ferroviarias ou o arranxo de estradas como N-550 e N-640.










