PONTEVEDRA> Concentración en Pontevedra.
A CIG, CCOO, CSIF Galicia e UGT convocaron esta mañá unha mobilización de traballadores e traballadoras nos centros residencias da Consellería de Política Social.
Os manifestantes defenderon uns servizos sociais públicos dignos e de calidade. Ademais, solicitaron o incremento de prazas públicas e de xestión directa e unha compensación polos festivos e domingos traballados.
Por último, reclamaron un cambio nos contratos de fin de semana a xornada completa e pediron a posta en valor do seu traballo durante a crise sanitaria.