Conta atrás para a campaña da centola, con boas expectativas no sector

O GROVE> Conta atrás para a apertura da veda da centola. A escaseza de polbo aventura unha boa campaña. No sector, cren que o volume de capturas vai ser elevado, tendo en conta que este tempo acompaña. Nós hoxe estivemos no Grove para ver como se preparan os mariñeiros para a volta o mar o vindeiro domingo.

Aquilo de que ‘a rio revolta, ganancia de pescadores’ tamén é aplicable ós mariñeiros que andan á centola. O arranque da campaña coincide esta ano cunha meteoroloxía adversa, positivo para o sector.

A apertura da veda coincide cun momento no que o polbo escasea, algo que para os centoleiros resulta máis que proveitoso.

Ante este panorama, os máis de 500 mariñeiros que andan á centola no Grove afrontan esta apertura da veda con ilusión. Cren que os resultados serán tan bos como nos últimos anos.

Con todo,  un dos seus principais inimigos segue a se-lo furtivismo. No sector, o coñecido como ‘furtivismo legal’ está, segundo apuntan dende o pósito meco, practicamente erradicado. O gran inimigo hoxe en día, é o furtivo de fin de semana e en concreto os mergulladores.

A campaña da centola vai arrancar o vindeiro domingo. Segundo calculan, os prezos en poxa roldarán os 15-20 euros.