A Residencia Valleinclán deberá readmitir tres traballadoras

    VILAGARCIA> A CIG ven de pronunciarse enerxicamente sobre as tres sentencias que se veñen de dictar esta semana relativas ó despido de outras tantos traballadores da Residencia da Terceira Idade Valle Inclán, de Vilanova. A xustiza obriga á actual concesionaria, Nortime, a readmitir a estes tres empregados e a indemnizalos cos meses que perderon de gañar, amais de danos morais. A Xustiza ven de dar á razón ó sindicato CIG nas últimas tres sentencias relativas ós despidos improcedentes na Residencia Valle Inclán de Vilanova. O xulgado obriga a readmitir a tres dos despedidos. Resalta a CIG que malia seren os despedimentos por causas distintas, o xuíz considerou probado que foron represalias ás reclamacións sindicais dos traballadores. Aínda máis, a Confederación Intersindical Galega destaca que nestes últimos xuízos se probou como a empresa Nurtime pertence ó mesmo conglomerado que Viaxes Silgar; que veñen sendo as mesmas persoas detrás do contrato de arrendamento e que, amais, a actual concesionaria non ten concesión administrativa para traballar como residencia destas características para prazas concertadas; un feito gravísimo que a Xunta coñece e que fai a vista gorda. Respecto ó plan de liquidación presentado pola Administración concursal, a CIG recorrerá o apartado das admisións para que se amplíe do 45 % dos empregados ó total dos 39 despedimentos. E en contestación á entrevista concedida a Canalríasbaixas esta semana por parte do actual director da residencia; tanto o sindicato como as traballadores despedidas desmenten varios aspectos: aseguran que nunca se maltratou a ningún interno e que eles non teñen nada en contra do resto do plantel que traballa arestora. Reiteran que eles non os acosan pero que si sofren as burlas do Director deste centro, que segundo el mesmo dixo, non cumpre cos requisitos para albergar prazas concertadas. Quedan máis xuízos semellantes pendentes, co que o sindicato ameaza que van a seguir na loita nos próximos meses. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/05/residencia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/05/residencia_valle_inclan_051213.mp4{/flowplayer}