A reordenación no Monumento facilita o tránsito e crea novos aparcamentos

    reordenacionmonumento_100_011008.jpgRIBEIRA > Tralas obras de renovación de beirarrúas e subministros no barrio do Monumento, o concello de Ribeira acometeu agora a reordenación do tráfico.

    {flowplayer}barbanza/reordenacionmonumento.flv{/flowplayer}

    Dende esta mesma semana, os condutores que transiten polo barrio do Monumento deberán adaptarse ós cambios introducidos no plan de reordenación do tráfico acometido nesta zona.

    Ata o momento, a circulación nas principais rúas do Monumento era de dobre sentido e o estacionamento estaba permitido en ámbalas dúas marxes da calzada. Agora, as rúas Cristóbal Colón, Eduard Pondal, Ramón Aller, Amor Ruibal, Fernández Flórez, Cabanillas, Monumento, Curros Enríquez, Amarella, Valle-Inclán, Arzobispo Xelmírez, Padre Feijoo, Novoa Santos, Castealo, Cervantes e Romero Ortiz pasan a ser de sentido único. Ademais o aparcamento só se permitirá nun lado para evitar os frecuentes obstáculos posto que se trata de rúas estreitas. O deseño desta reordenación realizouse en sentido xiratorio, a modo de dúas grandes glorietas na entrada e saída da rúa Monumento

    Información ós condutores

    A reordenación xa está rematada e a día de hoxe xa foi colocada toda a sinalización para informar ós condutores dos cambios. Aínda así, ó longo desta semana varios axentes da policía local realizarán rondas pola zona para informar das novas direccións.

    Non será ata o próximo luns día 15 de outubro cando a policía comece a efectuar denuncias polas infraccións cometidas tanto no referente a estacionamentos indebidos como circulación en sentido contrario.

    Redacción Barbanza