O auditorio ribeirense acollerá unha ‘Antoloxía da Zarzuela’

RIBEIRA> O espectáculo terá lugar o próximo domingo, ás sete da tarde, e correrá a cargo dos membros da Coral Polifónica. A concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e o director da coral, Enrique Paisal, foron os encargados de presentar este espectáculo titulado ‘Antoloxía da Zarzuela’, que levarán a cabo os membros da coral ribeirense, na que levan traballando ó redor dun ano e na que interpretarán algunhas das máis importantes creacións deste xénero musical. Os dous animaron a acudir ó auditorio a presenciar esta actuación, xa que merece a pena. Será este domingo ás sete da tarde. A entrada será gratuíta e poderá ser retirada media hora antes do inicio da función. Dende a concellería de Cultura así como dende a coral non descartan unha segunda posta en escena deste espectáculo. Todo dependerá do éxito acadado este domingo e o feito de que moita xente non poida asistir ó mesmo, xa que o auditorio ten un aforo limitado. Tampouco se desbota a posibilidade de realizar unha pequena xira polos distintos concellos veciños. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/19/presentacionfestivalzarzuelaribeira191213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/19/presentacionfestivalzarzuelaribeira191213.mp4{/flowplayer}