Boiro executa a reparación da cuberta do Santa Baia nun tempo récord

BOIRO> O concello de Boiro iniciou a reparación da cuberta do pavillón do colexio de Santa Baia, danada polo temporal durante o mes de xaneiro. Os traballos estarán rematados ó longo desta semana.

O pasado dezaseis de xaneiro, os fortes ventos rexistrados no Barbanza con refachos de ata cento trinta e cinco quilómetros por hora provocaron numerosos desperfectos na comarca. Entre eles, a o desprendemento de parte da cuberta do pavillón do colexio de Santa Baia, en Boiro.

En total, resultou afectada unha superficie de cen metros cadrados, composta por pezas específicas de dezaseis metros o que dificulta a súa substitución. Aínda que o prazo de entrega do material de reposto rolda os dous meses, as xestións realizadas dende o departamento de Obras e Urbanismo, permitiron localizar unha empresa que as subministrou nun prazo de cinco días  polo que xa comezaron os traballos.

A instalación das novas pezas estase a realizar con ancoraxes de alta capacidade de tracción para minimizar o risco de desprendemento.Trala reparación da cuberta e das frontes da fachada procederase á reposición dos elementos auxiliares. O concello estima que o pavillón volverá a estar operativo antes de que remate a semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí