O concello da Pobra e SEA estudan a viabilidade dunha nova ampliación da Tomada

A POBRA> O concello da Pobra e ‘Suelo Empresarial del Atlántico’ estudan a viabilidade dunha nova ampliación do polígono da Tomada. A xerente da sociedade, Beatriz Sestayo, mantivo un encontro con membros da corporación municipal para analizar as necesidades de chan industrial que presenta o municipio.

Esgotadas na práctica totalidade as parcelas do polígono da Tomada, o concello da Pobra ten proposta unha nova ampliación cara a zona sur do polígono. Precisamente, o obxectivo da visita de Beatriz Sestayo era estudar a viabilidade desta opción para a que o concello xa encargou un anteproxecto. Trátase dunha opción viable dende o punto de vista topográfico e sostible a nivel medioambiental.

A outra das opcións propostas pasaría por retomar o antigo proxecto dun polígono supramunicipal entre A Pobra e Ribeira para o que iniciarán as conversas co concello veciño de xeito inmediato.

Calquera das opcións propostas manterá unha distancia mínima de douscentos metros coas vivendas. Unha vez definido o emprazamento, o concello informará a tódolos veciños e adoptará as medidas precisas para minimizar a afectación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí