Atopan un cadaver nunha praia da Illa de Arousa

Un veciño da Illa de Arousa atopou un cadaver en avanzado estado de descomposición namentres paseaba polo entorno da praia de Revello, na zona Oeste do parque de Carreirón na Illa. Segundo veciños da Arousa nas praias dese entorno adoitan atopartse diferentes enseres arrastrados polas correntes que proveñen do sur e incluso animais mortos. Neste caso os restos do cadaver apareceron en avanzado estado de descomposición.

Ata o lugar desprazouse unha dotación da policía científica da Garda Civil e tamén o xuiz de garda de Vilagarcía quen procedeu o levantamento do “cadaver”.

Hai unhas semanas tamén aparecía un cadaver nunha praia de A Pobra do Caramiñal.

{gallery}ano2014/01xaneiro/06{/gallery}