RIANXO> O sinistro tiña lugar onte domingo, ó redor das nove da noite, entre as saídas de Taragoña e Rianxo, en dirección a Padrón.
No accidente víronse varios vehículos implicados, con outras tres persoas feridas, aínda que de escasa consideración.
A persoa falecida é unha muller de 54 anos. Á súa chegada ó lugar do suceso, os equipos de emerxencias tan só puideron certificar o seu falecemento.
A Garda Civil de Tráfico abriu unha investigación para tratar de aclarar todo o acontecido.
Segundo fontes consultadas por esta redacción a muller falecida viaxaba como acompañante dun vehículo que se veu obrigado a parar debido a unha avaría.
Fóra do coche foi arrollada por outro turismo que circulaba nese momento pola vía. Ademais de Urxencias Sanitarias do 061 e efectivos do Parque de Bombeiros de Boiro, tamén participaron no operativo Garda Civil e Policía Local de Rianxo e membros de Protección Civil e persoal de mantemento da propia autovía.