Detido un veciño de Rianxo que vendía droga nos locais de ocio

RIANXO> A Garda Civil iniciou a investigación ó ter coñecemento da posible existencia dunha persoa dedicada á distribución da droga a pequena escala polos diferentes locais hostaleiros da localidade.

As indagacións realizadas polos axentes permitiron a identificación deste individuo no momento no que se dispoñía a realizar unha venda.

Entre as súas pertenzas atoáronse unhas 30 doses de cocaína, tres doses de haxíx e unha dose de marihuana, así como tamén varios  útiles empregados para a dosificación destas substancias, un teléfono móbil e 480 euros.

Foi detido por un delito contra a saúde pública.

Tódalas actuacións realizadas polos axentes e os efectos incautados foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Padrón.