SOS Sanidade Pública convoca mobilizacións por toda Galicia polo día mundial da atención primaria

CAMBADOS> SOS Sanidade Pública mobilízase en diferentes puntos de Galicia para dar visibilidade ao día mundial da atención primaria. Con estas mobilizacións, a plataforma tamén quere denunciar a situación que atravesa a sanidade na nosa comunidade. Dende SOS Sanidade Pública agardan que o debate da iniciativa lexislativa presentada no parlamento con máis de 40 mil sinaturas, sexa o punto de inflexión para que a xunta mude a situación sanitaria.

No día mundial da atención primaria, SOS Sanidade Pública convocou diferentes manifestacións por todas as comarcas de Galicia para poñer en valor a importancia desta especialidade sanitaria. No caso do Salnés, as manifestación tiveron lugar en vilas como Cambados, Vilagarcía, Vilalonga e Portonovo.  

A plataforma estivo durante meses recollendo sinaturas para presentar unha iniciativa lexislativa popular no parlamento e tamén realizando diferentes manifestacións. Aínda así, segundo indican, a consellería apenas mellorou a situación.

Dende a plataforma están pendentes de coñecer a data do debate no parlamento da iniciativa lexislativa popular. Coas máis de 40 mil sinaturas presentadas, agardan que a xunta tome medidas.

A previsión da plataforma é que o debate teña lugar no parlamento a primeira semana de maio. Para mostra o apoio que recibe a iniciativa por parte do pobo galego, dende SOS Sanidade Pública convocarán unha manifestación o vindeiro 26 de maio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí