
Caldas> Sobre as 09:30 desta mañá producíase un accidente entre un turismo e un camión no km. 4 da estrada que vai de Vilagarcía a Pontevedra a altura do Hotel Ciprés, no término municipal de Caldas de Reis. Un despiste do conductor do Voklswagen Golf, un home de idade, que salía do aparcadoiro situado frente o hotel, puido ser a causa do accidente.
Tras a colisión o Golf acabou remontando una alto da cuneta coa parte dianteira danada. O Camión que circulaba en dirección a Pontevedra, non puido esquivar o vehículo e bateu contra este no seu lateral esquerdo, resultando con daños no frontal e lateral dereito. O Camión e propiedade da empresa constructora Calvo Ferrín, S.L. Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Garda Civil de Tráfico quen levantou atestado do suceso, constatando que non se produciron feridos de gravidade.
{gallery}ano2014/01xaneiro/21/Acc_Hotel_Cipres{/gallery}











