O concello de Ribeira distinguido na Gala do Ciclismo Galego

RIBEIRA> A Federación Galega de Ciclismo premiou esta pasada fin de semana, no transcurso da Gala do Ciclismo Galego, celebrada en Ponteareas, ó concello de Ribeira coma entidade colaboradora no desenvolvemento da XII Volta á Provincia da Coruña, que tivo lugar entre o 24 e o 26 de maio do pasado ano 2013. O edil de Deportes, Juan Luis Martínez, foi o encargado de recoller o diploma acreditativo desta distinción que outorga a Federación Galega de Ciclismo. Nese certame premiouse tamén ós catro ciclistas galegos que militan no pelotón profesional: Álex Marque, Gustavo César Veloso, Delio Fernández e Pablo Torres, así como a Horacio Barros, Luis López “Zurdo”, Nemesio López, Gerardo Álvarez, Victor Reguera e José Otero en recoñecemento polas súa dilatadas traxectorias.O acto contou coa presenza do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Tallón, a subdirectora de Programas Deportivos da Secretaría Xeral para o Deporte, Laura Mosquera, e o alcalde de Ponteareas, Salvador González.