BOIRO> As numerosas queixas formuladas polos veciños sobre os okupas da unitaria de San Mauro puxeron á Garda Civil trala pista ante a constante presenza de persoas drogodependentes nas inmediacións da vivenda ilegal.
Iniciaron entón unha investigación que culminou coa detención do home que ocupaba ilegalmente a antiga escola posto que estaba a ser utilizada como punto de venda de estupefacientes.
No rexistro das dependencias, os axentes acharon 87 doses de heroína e 84 de cocaína, 8 gramos de marihuana e 35 gramos de substancias de corte así como cartos en metálicos, básculas de precisión e outros instrumentos para manipular e preparar á droga para a súa venda.
Dende o concello amosaron a súa satisfacción ante a boa dilixencias das forzas de seguridade para garantir a tranquilidade dos veciños desta zona que levaban tempo alertando da alta conflitividade xerada dende a okupación do inmoble.
O detido, que xa foi posto a disposición xudicial, é un vello coñecido das forzas da orde que xa conta con antecedentes por delitos contra a saúde pública e similares.