RIANXO> Ata a zona cero tamén se achegaba esta mañá o conselleiro de Medio Rural. José González anunciaba a declaración do incendio a nivel 2, debido á proximidade do lume a varios núcleos de vivendas.
Na zona volveu a incidir na intencionalidade dos lumes.
Á espera dunha nova actualización de datos por parte de Medio Rural a superficie queimada ronda xa as preto de mil hectáreas na súa maioría monte baixo e arborado. No seu control traballan 1 técnico, 18 axentes, 15 brigadas, 11 motobombas, 2 pás, 4 helicópteros e 2 hidroavións. Pola tarde tamén se incorporaba un continxente de preto de 200 militares da Unidade Militar de Emerxencias con doce autobombas e dúas nodrizas.