![]()
VILAGARCÍA> A Praza de Galicia en Vilagarcía albergou este martes a celebración do Día Internacional sen Alcohol. A Asociación Areva tivo un punto de información no que explicaron en que consiste a súa labor e tamén ofreceron un cóctel sen alcohol para todo aquel que lle apetecera.
Estamos a 15 de novembro, para quen non o saiba, é o Día Internacional sen Alcohol. Por iso esta mañá, dende ben cedo representantes da Asociación Areva instaláronse na Praza de Galicia en Vilagarcía, para explicar aos cidadáns a problemática do alcoholismo e como solucionalo.
Ademais agasallaron aos presentes con un cóctel, por suposto, sen alcohol.
Unha iniciativa que se leva celebrando dende hai varios anos, e ca que se pretende concienciar a poboación da problemática do consumo de alcohol. Ademais durante o evento púidose mercar lotería ou manualidades feitas polos membros da asociación.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/15/dia_sen_alchol_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/15/dia_sen_alchol_villa.mp4{/flowplayer}









