Fátima Abal en Canal Rías Baixas: ‘Estiven moitas veces a punto de abandonar’

CAMBADOS> Canal Rías Baixas entrevista a Fátima Abal, a escasas horas da investidura de Samuel Lago, que porá fin á súa etapa na alcaldía de Cambados. A socialista dá máis detalles da súa marcha e repasa os altos e baixos dos seis anos e medio que estivo á fronte do consistorio.