A Xunta insiste en que a autorizacón de vertido de San Finx cumpre coa normativa

NOIA> A problemática da autorización do vertido de augas residuais depuradas da mina de San Finx que Augas de Galicia lle concedeu á firma Tungsten San Finx, foi un dos temas abordados na última sesión do Parlamento.

Alí o conselleiro de Industria, Francisco Conde, insistiu en que a autorización emitida se axusta escrupulosamente ó establecido na normativa vixente de aplicación e que a súa tramitación se desenvolveu con tódalas garantías para as partes implicadas.

Conde  lembrou  ademais que a autorización do vertido non permite o desenvolvemento da actividade mineira nese punto da explotación. así afirmou que, para poder levar a cabo a fase de explotación mineira, a firma debe presentar e tramitar a actualización de proxectos, e esta autorización debe someterse previamente á tramitación ambiental.

Ademais, segundo el, a autorización de vertido está supeditada ó cumprimento de 18 requisitos para a correcta xestión das medidas de depuración e á atención estrita das normas de calidade ambiental, polo que se fará un seguimento e control exhaustivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí