MADRID> O stand de Galicia en Fitur acolleu esta mañá a presentación do Cluster de Turismo de Galicia baixo o título ‘Arquitectos do ocio: profesionais dun turismo responsable’. Dende o Cluster entenden da importancia de prestixiar este sector e da necesidade da súa profesionalización para acadar un turismo sostible e de calidade.
Galicia é unha das comunidades autónomas que conta con máis distintivos de calidade, un feito que evidencia o elevado grao de profesionalización e de calidade do seu turismo. Poñendo o foco nas persoas que traballan nel, hoxe en día máis de 128 mil, o Cluster de Turismo de Galicia realizou esta mañá a súa presentación en Fitur. No acto, ó que asistiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacouse a importancia de seguir prestixiando este sector, a través da formación especializada para dar resposta así ó cada vez maior volume de visitantes que se achegan a Galicia.
En definitiva, apostar pola profesionalización do sector para garantir así unha calidade no servizo, mellorar a compettividade empresarial e elevar a satisfacción do visitante. un elemento que nos diferencia, con profesionais capacitados que fomentan a sostiibilidade, aumentan a empregabilidade e aseguran un crecemento económico dun sector a alza en Galicia no que no último ano superou os 6´6 millóns de turistas.











