A POBRA> O concello da Pobra vén de asinar un contrato de patrocinio co Puebla Fútbol Club. A entidade recibirá unha axuda de seis mil euros para sufragar os gastos da tempada. Comprométese a lucir a imaxe oficial do concello na equipación así como a colaborar en diferentes campañas e actividades deportivas.
O concello da Pobra reforza a súa aposta por promocionar o deporte local cun novo patrocinio. Destinará 6000 euros ó Puebla Fútbol Club a través dun convenio que vincula a imaxe do municipio co club ó tempo que a administración axuda economicamente a sufragar os gastos da actual tempada.
A concelleira de Deportes destacou a extensa traxectoria da entidade que conta na actualidade con máis dun cento de mozos de toda a comarca. Traxectoria que o ano que ven cumprirá 50 anos polo que dende o club agradan seguir contando co apoio do concello para este aniversario.
Este patrocinio é unha axuda extraordinaria que se suma ós tres mil euros de asignación anual consignados nos orzamentos do próximo ano.