Portodos postúlase como alternativa libre de ataduras políticas

    PORTO DO SON> A ex concelleira do Partido Popular, Asunción Torres, presentou a nova formación política coa que aspirará á alcaldía de Porto do Son. Baixo as siglas de Portodos, a actual edil integrada no grupo mixto, propón un programa baseado no emprego, a educación e os servizos sociais. Ó igual que está a acontecer en moitos concellos galegos, unha nova forza política irrompe en Porto do Son para ofrecer unha alternativa ó seu electorado. PortoDos, liderado pola edil independente Asunción Torres que hai uns meses foi apartada polo goberno do PP do que formaba parte, nace con vocación de servizo ós veciños. Durante a presentación da súa candidatura, Torres destacou os piares básicos do seu programa asentado na creación de emprego e o impulso ós servizos públicos. Xunto a Asunción Torres, inician esta andaina Juan Rodríguez García, Anxo Lorenzo Vila, Ana Pérez Rodríguez, José Manuel Sánchez Sande, Noelia Santamaría Caamaño e Lorena Lema Caamaño, posicionados nos primeiros postos da lista.