Os orzamentos de Outes apostarán polas políticas sociais e de emprego

OUTES> O executivo de Outes traballa na elaboración dos orzamentos para 2020. A proposta do goberno caracterízase polo peso das políticas sociais e de xeración de emprego. A intención do alcalde é levalos a pleno en febreiro e marzo.

O peso social, cunha clara aposta pola conciliación, será unha das características máis destacadas dos orzamentos de Outes para 2020.

Na actualidade, o executivo está a manter contactos coa oposición para escoitar as súas propostas e elaborar un orzamento consensuado entre toda a corporación.

De non chegar a tempo ó pleno ordinario de febreiro, o goberno márcase como data límite o mes de marzo para a aprobación do documento orzamentario.