O concello rematará en dez días as obras na rúa San Martiño pensando xa na reforma de Pasantería

PONTEVEDRA> En dez días estará rematada a reforma da rúa San Martiño, na contorna do campiño de Santa María. A intervención permitiu renovar os servizos, instalar novos, e mellorar a accesibilidade en toda a zona. Unha actuación que avanza na mellora de todas as rúas do casco histórico.

Os veciños da rúa San Martiño xa gozan da nova contorna. Nun prazo aproximado de 10 días a reforma estará completamente rematada, ofrecendo unha nova imaxe e mellorando os servizos.

Coa reforma desta rúa, cada vez son menos as que quedan pendentes de reformar no casco histórico pontevedrés. Dende o goberno local xa saben cal será a seguinte: Pasantería.

A rúa San Martiño está na contorna do Campiño de Santa María; unha zona na que o concello ten outra actuación pendente: a restauración dos restos da torre medieval que foron derrubados polas intensas chuvias no mes de decembro.

A reforma supuxo un investimento de case 140.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí