PONTEVEDRA> O Concello presentou hoxe unha nova proposta do programa municipal “A memoria das mulleres”. Unha iniciativa que busca dar a coñecer a historia das mulleres de Pontevedra e o seu papel na historia da cidade. Para elo, o goberno local instalará un gran mural entre as rúas Joaquín Costa e Poza dos Canos.
Este é o mural que o goberno municipal instalará proximamente na cidade. Con el, preténdese recoñecer o papel das mulleres de Pontevedra ao longo da historia.
Esta iniciativa forma parte do programa “A Memoria das Mulleres” e é obra das empresas Rei Zentolo e Polo Correo do Vento. Os murais de Luís Seoane serviron de inspiración para o seu deseño.
O mural será instalado entre as rúas Joaquín Costa e Poza dos Canos. A vindeira semana comezarase co acondicionamento da parede e coas xuntanzas coa veciñanza para que coñezan o proxecto. O Concello espera que a obra estea rematada en xuño.