Máis de 120 mil euros para arranxo de viais

    LOUSAME> A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o inicio do procedemento para a contratación de tres proxectos de mellora da pavimentación de estradas e ampliación de vías por un importe total de máis de 120 mil euros. segundo informaron fontes municipais o proxecto de maior orzamento é o da mellora do pavimento do vial dende o cruce de Castiñeira ata Gandarela (, que ascende a preto dos 50 mil euros. Así mesmo, tamén se contempla a ampliación e pavimentación dun vial interior en Merelle e a mellora do pavimento no vial de acceso a Aldarís , orzamentados en preto de 40 mil euros. Finalmente, o terceiro proxecto destinará uns 32 mil euros á mellora do pavimento e ampliación do vial de acceso a Quintáns dende San Paio, así como á ampliación do vial de Horta a Cairo, tamén na parroquia de Lesende.