RIANXO> O executivo rianxeiro segue a dar pasos de cara a promoción da súa praza de abastos, sacando un novo prazo de licitación para a concesión dun dos sete postos aínda vacantes no mercado municipal.
Segundo explicou o alcalde, Julián Bustelo, o obxectivo non é outro que a dinamización deste espazo comercial, para eles vital, para o desenvolvemento futuro da vila.
Ante esta situación o Concello volverá a abrir un novo prazo de licitación da concesión dun dos sete postos aínda baleiros.
Segundo o alcalde o procedemento é sinxelo e as condicións que se ofertan son moi ventaxosas.
As persoas interesadas aínda poden presentar as súas solicitudes no propio Concello.
O prazo para facelo rematará o vndeiro martes 18 de xuño.











