Xornada informativa sobre innovación e emprendemento

    A Federación de Empresarios do Barbarza celebrou esta mañá, nos locais da Asociación de Empresarios de Ribeira, unha xornada informativa dirixida a autónomos e pequenas empresas da comarca, na que se abordou as convocatorias que, para este ano 2014, pon en marcha a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Galego de Promoción Económica, destinadas as PEMES galegas. Na inauguración das xornadas tomaron parte o vicepresidente da patronal comarcal, Marcos Romero, o tenente de alcalde de Ribeira, Juan Luís Martínez, para continuar cunha ponencia da Xefa de División e Asesoramento, Programas de Financiamento e Investimentos Estratéxicos do GAIN, Cristina Blanco. A esta charla seguiulle outra impartida polo xerente de Igape Nova, Guillermo Viña. Na xornada tomaron parte ó redor dunhas vinte persoas, que ó remate das ponencias tiveron tempo de resolver todo tipo de dúbidas xurdidas, sobre todo en materia de innovación e emprendemento.