Reclaman melloras no colexio Fernández Varela

    POBRA> O BNG apoia as demandas da comunidade educativa do colexio Fernández Varela que solicita unha serie de arranxos no centro. A través dunha campaña de recollida de sinaturas, a ANPA pide, entre outras actuacións, o peche e cuberta do patio, o arranxo do tellado, a substitución de portas e fiestras en mal estado ou unha serie de arranxos nos baños ou no muro exterior, que se viron agravados os últimos días polos temporais. Os nacionalistas xa teñen levado a pleno unha iniciativa solicitando que se acometan as melloras necesarias en tódolos centros de infantil e primaria. Agora urxen ó executivo local a poñerse e contacto cos Consellería de Educación sen máis demora para acometer canto antes aquelas melloras máis necesarias para o correcto funcionamento do centro.