As traballadoras da residencia Valle-Inclán piden a mediación da Xunta

    VILANOVA> Continúa aberto o conflito entre a dirección da Residencia Valle-Inclán, en Vilanova, e as súas ex-empregadas. Nun comunicado enviado onte, o centro informaba de que denunciara á expresidenta do comité de empresa, acusándoa de visitar a residentes para contarlles mentiras. A denunciada, pola contra, nega estas actuacións.

    Hai máis dun ano que arrincou o conflito laboral na residencia da terceira idade Valle-Inclán, ó que dende onte se sumou un novo proceso. O centro anunciou a toma de medidas xudiciais contra a presidenta do antigo comité de empresa, á que acusa de mentir sobre a situación do centro a algúns dos seus residentes.

    No mesmo día no que coñeceron esta información, as traballadoras continuaron coas súas protestas. Desta volta, diante do edificio administrativo da Xunta.

    E é que aseguran que, despois de 39 despedimentos con 15 sentenzas declarándoos nulos, a única solución que aceptan é a readmisión das traballadoras nos seus postos.

    As traballadoras tamén desconfían do concurso de acredores e o plan de liquidación que se está a realizar na Residencia, e acusan á dirección de desviar fondos públicos cara unha empresa de nova creación Nurtime.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/11/residencia_valle_inclan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/11/residencia_valle_inclan.mp4{/flowplayer} 

    Comments are closed.