A confraría de Cabo denuncia os danos ocasionados nos seus bancos por unhas obras

BOIRO> A confraría de Cabo de Cruz denuncia os prexuízos que están a ocasionar a un banco marisqueiro as obras que está a acometer unha empresa na zona do Esteiro. Dubidan da legalidade dos traballos posto que non lle constan as autorizacións pertinentes.

Malia que mantiveron dúas xuntanzas previas ó inicio das obras cos representantes da confraría, a empresa nunca chegou a presentarlles a documentación oportuna sobre os permisos.

Segundo denuncia o patrón maior tan só lles consta unha autorización de reparación das instalacións pero non para a instalación dunha tubaxe que discorre polo medio do banco marisqueiro.

Dende o pósito xa puxeron os feitos en coñecemento do concello e o avogado da confraría está a examinar a documentación para ver se é preciso emprender accións legais co obxectivo de paralizar os traballos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí