NOIA> A concelleira de Servizos Sociais, Marisol Villar, e a directora do CIM, Julia Veiro, debullaban esta mañá a programación deseñada dende o seu departamento co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Entre as actividades destaca a campaña de sensibilización que vai levar a cabo o Concello baixo o lema ‘Noia di non á violencia de xénero’ á que convidan a sumarse ós locais hostaleiros e negocios da vila, así como tamén ó resto de entidades e clubs do municipio.
Un dos actos principais levarase a cabo o propio 25N, no que tomarán parte tamén os centros educativos do municipio, e consistirá nunha concentración e posterior lectura dunha declaración institucuional.
Dende Servizos Sociais convidan tamén a participar no concurso ‘Rachando co medo’ que este ano chega xa a súa cuarta edición.
Como en anos anteriores iluminarase de morado a fachada da casa consistorial do 23 ó 29 de novembro e levarase a cabo tamén a caravana morada, onde se ofertarán tódolos recursos dos que dispón o Concello nesta materia.
Tódalas actividades están subvencionadas polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.











