POBRA> O concello da Pobra, a través da concellería de Igualdade, terá un Punto Lila durante as festas do Nazareno para tratar de previr agresións sexuais e condutas machistas.
O espazo violeta estará situado na praza Alcalde Segundo Durán en horario de ocio nocturno. Nel contarase con persoal especializado para poder abordar este tipo de problemáticas.
No espazo violeta repartirante pulseiras e abanicos, folletos informativos e mochilas e haberá tamén un photocall e actividades de divulgación.
Ó igual que nas festas do Carme dos Pincheiros, contarase tamén coa colaboración da hostalería local, ó redor duns 30 negocios, que aplicarán o protocolo de actuación ante agresións machistas.
O persoal do Punto Lila traballará en coordinación coa Policía Local e Protección Civil para así poder evitar calquera acto de violencia machista.
Para a instalación deste espazo, o Concello conta co financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, do Ministerio da Igualdade.