Luís Pérez Barral: ‘A veciñanza falou e pediu cambio’

RIBEIRA> A formación do que será o novo goberno municipal en Ribeira vaise clarexando. Ou iso parece, tras a reunión da asemblea local do BNG.

A formación nacionalista, actualmente segunda forza na corporación con 5 edís, decidiu iniciar a vindeira semana unha rolda de contactos co resto de formacións, incluído o PP, para explorar as distintas posibilidades para un acordo de gobernabilidade.

Aínda así desa reunión sacouse algo claro. Van a propiciar un cambio de goberno, tal e como afirman, evidenciaron os resultados deste pasado domingo.

Unha circunstancia que apartaría definitivamente ós populares da alcaldía onde levan gobernando dende hai preto de 40 anos.

Para apartar ó Partido Popular do Concello sería necesario un pacto a tres. Con BNG e PBBI como forzas maioritarias, as dúas con cinco edís cada unha, e por outra parte, o PSOE, que suma unha acta de concelleiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí