O concello de Ribeira amplía a súa oferta de obradoiros para este Nadal

RIBEIRA> O concello de Ribeira oferta catro obradoiros para este Nadal. Serán de balde e impartiranse nas parroquias. Ademais, como tódolos anos, volverá poñer en marcha o campamento de conciliación para os nenos.

Ribeira incrementa este ano a súa oferta de obradoiros de Nadal cun total de catro disciplinas. Serán arte floral, cerámica, decoración de caixas de madeira e de botes de Nadal.

A concelleira informou ademais da apertura do prazo para inscribirse no campamento de conciliación que se celebrará nas instalacións do CEIP O Grupo entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro. Os interesados poden solicitar praza a partir deste luns ben vía telemática ou de xeito presencial na casa da xuventude de nove a dúas.

A listaxe de admitidos farase pública o 12 de decembro e a partir de entón poderase realizar o pago para confirmar matrícula. O prezo será de 40 euros con bonificacións dun 20 por cento para determinados colectivos como familias numerosas, acolledoras ou desempregados de longa duración entre outros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí