A familia optou por deixar a casa para evitar o desaloxo

    PONTECESURES> Victoria Santiago preferiu evitar o desaloxo. Esta mañá vencía o prazo dado polo xulgado para que a familia de Pontecesures abandonara a casa na que vivían en Monte de Porto. Finalmente optaron por marchar onte á noite.

     

    Dous gatos que os veciños encargáronse de recoller é o que queda da vida da familia de Victoria Santiago na vivenda de Monte de Porto. Preferiron evitar o desaloxo, programado para as 11 desta mañá, e onte á noite abandonaban a casa e entregaban as chaves á Garda Civil.

    Marcharon para unha vivenda en Cordeiro, no municipio de Valga, cedida por familiares. Pero tras eles deixan a indignación dalgúns dos seus veciños polo trato que recibiron.

    Álvaro e Marisa son veciños de Victoria dende os anos 80. Coñecen a vida da muller, o que incrementa o seu malestar polo que consideran unha inxustiza.

    Por iso, confían en que haxa unha investigación que finalmente dea a razón á familia e que, por fin, Victoria Santiago poida gozar da casa de Monte de Porto.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/07/desaloxo_pontecesures.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/07/desaloxo_pontecesures.mp4{/flowplayer}