O GROVE> Sucedeu o domingo pola tarde na Avenida de Portugal. Por causas aínda descoñecidas, un vehículo ‘sen carné’ que circulaba pola vía saíuse da calzada batendo contra a fachada do bar Alexandre. O azar fixo que nese intre se atoparan dúas persoas no exterior do establecemento, ás que non lles dou tempo a reaccionar cando o coche se lles foi enriba. O condutor levounas por diante deixando a un dos mozos encaixado entre a carrocería e o muro do local. Foi precisa a intervención dos Bombeiros do Salnés para liberalo, pero mentres os efectivos de emerxencias non chegaban, vivíronse minutos de angustia, con veciños intentando sacar ó rapaz que se queixaba da dor do impacto. Protección Civil e Policía Local impedírono por precaución e para evitar que ó sacalo se lle puideran ocasionar lesións peores. Finalmente chegaron os bombeiros, que libraron ó rapaz para ser trasladado ó hospital de Montecelo. Os efectivos tamén tiveron que liberar ó condutor, que quedou encaixado se poder saír do coche.
Inicio Sucesos











