O pequeno comercio pide a reapertura para evitar os peches

VILAGARCÍA> A volta á normalidade é un dos principais anhelos do pequeno comercio. Moitos levan máis de 40 días pechados, situación que pon en perigo a súa supervivencia. Agora, coa vista posta no 11 de maio piden que se concreten as medidas a tomar para garantir a seguridade.

Cando se comezan a dar os primeiros pasos para aliviar o confinamento, o pequeno comercio reclama que se preste atención á súa situación. Moitos levan máis de 40 días pechados.

Rocío Louzán quere ser optimista. Agarda que o pequeno comercio poida retomar a actividade na semana do 11 de maio. De feito, en Vilagarcía Zona Aberta e Ahituvi, a asociación de hostalerios, negocian de xeito conxunto a compra de máscaras, luvas ou mamparas de protección con empresas tamén locais.

A proximidade da campaña de rebaixas tamén preocupa. Dende Zona Aberta levan anos reclamando que se retrasen ata o mes de agosto. Agora Louzán apunta a que o ideal sería prohibir rebaixas e descontos este ano pero, se non é posible, alomenos retrasalos.

A estas alturas o comercio de proximidade enfróntase a unha situación incerta. Máis aínda cando as axudas comprometidas polas administracións tardan en chegar. Louzán cre que os prazos se acurtarían se as achegas se fixeran sen a intermediación das entidades privadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí