Dan inicio as obras de reparación da Torre Bermúdez

    POBRA> Os traballos teñen coma principal finalidade reparar os danos causados a consecuencia dos últimos temporais. A maioría das incidencias afectan á cuberta da Torre. A chegada do bo tempo propiciou o comezo dos traballos de reparación dos danos causados polos temporais deste inverno na Torre de Bermúdez, sede do museo Valle-Inclán. A práctica totalidade dos mesmos estaban localizados na propia cuberta da Torre e nos seus anexos, ca rotura de numerosas tellas e fisuras nas zonas próximas á chimenea. Ademais tamén se viron danadas outras áreas interiores como é o caso da sala Viana do Prior e Luces de Bohemia ou o vestíbulo de entrada ó propio auditorio do museo. o importe dos destes danos ascende a preto dos dez mil euros que serán sufragados integramente pola compañía aseguradora. Á par, o concello pobrense e a propia dirección do museo cursaron tamén unha solicitude de subvención por valor duns 11 mil euros á Delegación do Goberno para a mellora das fachadas do edificio que tamén resultaron afectadas polos temporais.